Galletas especiadas

Ingredientes:

Mestura de especias: 8 culleriñas de canela en po, 1/2 culleriña de pementa branca, 2 culleriñas de cravos, 1 e 1/2 culleriñas de noz moscada, 1 culleriña de xenxibre en po, 1 culleriña de sementes de cardamomo.

Galletas:  60 g de manteiga a temperatura ambiente, 100 g de azucre moscovado, 1 ovo, 66 g fariña de arroz,38 g amidón de yuca, 54 g fariña de arroz integral, 52 g de arroz glutinoso, 1 culleriña de lévedo químico, 1 chisco de sal, 1 culleriña ben chea da mestura de especias.




Elaboración:

Mestura de especias:
  1. Poñer todas as especias nun morteiro ou nun muíño, trituralas e mesturalas ben.

Galletas:
  1. Mesturar todas as fariñas e o lévedo.
  2. Poñer na batedora a manteiga e o azucre. Bater ata que se forme unha pasta homoxénea.
  3. Engadir o ovo, bater a velocidade ata que o ovo estea ben mesturado.
  4. Engadir a mestura de fariñas e lévedo e continuar batendo ata ter unha masa homoxénea.
  5. Deixar repousar a masa ata o día seguinte, na neveira.
  6. Acender o forno a 160ºC.
  7. Formar boliñas ,do tamaño dunha canica, coa masa.
  8. Colocar as boliñas separadas uns 2 cm nunha bandexa de forno, forrada con papel.
  9. Meter a bandexa no forno e deixar cocer durante uns 14 minutos.
  10. Sacar do forno e deixar arrefriar as galletas completamente antes de gardalas nun bote.


Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 40 minutos máis o repouso.