venres, 14 de novembro de 2014

Fudge de xenxibre

Ingredientes:

475 g de chocolate negro sen glute, 390 g de leite condensando, 50 g de xenxibre confeitado.




Elaboración:

  1. Cortar o xenxibre confitado en tiras.
  2. Cortar o chocolate en anacos pequenos.
  3. Poñer o leite condensado a quentar nunha tarteira a lume suave.
  4. Engadir o chocolate e remexer ata que estea totalmente fundido.
  5. Retirar do lume.
  6. Engadir o xenxibre e remexer.
  7. Botar a mestura nun  molde de silicona cadrado duns 20 cm de lado.
  8. Deixar na neveira ata que endureza, unha hora e media aproximadamente.
  9. Cortar en cadrados pequenos.
  10. Conservar nun recipiente cerrado na neveira.


Dificultade: Facilísimo.
Tempo aproximado: 30 minutos máis o tempo que tarde en endurecer.