Crema de lentellas vermellas ao curry

Ingredientes:

500 g de lentellas vermellas, 2 cenoiras, 2 allos porros, 1 cebola, aceite de oliva virxe extra, 1 culleriña de curry, pementa negra moída sal.






Elaboración:

  1. Cortar todas as verduras en anacos grandes.
  2. Poñer nunha tarteira un pouco de aceite a lume suave e engadir as verduras. Remexer.
  3. Engadir auga suficiente para cubrir as verduras.
  4. Deixar cocer as verduras ata que estean case cocidas.
  5. Engadir as lentellas á tarteira coas verduras, poñer auga suficiente para que quede tres dedos por enriba das lentellas.
  6. Deixar cocer.
  7. Cando as lentellas estean cocidas triturar todo, volver a poñer ao lume e engadir sal e curry ao gusto.



Suxestións, poden engadirse outras verduras como cabaciña, cocer primeiro as verduras xa que estas lentellas cocen moi rápido.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.