Xeado de castañas

Ingredientes:

200 g de castañas cocidas, 400 ml de nata (35%), 300 ml de leite enteiro, 100 g de azucre, 2 xemas de ovo, 1 pau de canela, 2 culleres de augardente tostada.




Elaboración:

  1. Mesturar as castañas, cortadas en anacos pequenos,coas culleres de augardente. Deixar repousar uns 30 minutos.
  2. Quentar nun cazo, o leite e a nata xunto cos paus de canela.
  3. Bater as xemas de ovo xunto co azucre. Engadirlles unha taza da mestura de leite e nata remexendo continuamente.
  4. Botar a mestura anterior ao cazo co resto de leite e nata. Engadir uns 150 g de castañas e a augardente.
  5. Seguir quentando e remexendo ata que a mestura espese un pouco.
  6. Retirar os paus de canela e pasar a mestura pola batedora. Deixar arrefriar completamente na neveira.
  7. Engadirlle á mestura o resto das castañas en anacos pequenos.
  8. Poñer a mestura na máquina de xeados* para mantecar.
  9. Gardar no conxelador.
  10. Para servir sacar do conxelador uns 10 minutos antes.



*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.

Dificultade: Media
Tempo aproximado: 30 minutos máis o tempo que tarde en arrefriar.

Comentarios