mércores, 8 de outubro de 2014

Tortiñas de mazá e iogur

Ingredientes:

1 ovo, 100 g  de fariña sen glute (Adpan), 40 g de azucre, 70 g de iogur natural, 4 g de impulsor sen glute, 3 mazás acedas, 1 pau de canela, manteiga.




Elaboración:


  1. Pelar e cortar as mazás en anacos medianos, poñelas nunha tarteira, a lume suave, co pau de canela.
  2. Cando as mazás estean feitas retiralas do lume e reservar.
  3. Mesturar o resto dos ingredientes coa batedora.
  4. Engadir as mazás cocidas á mestura anterior, remexer ata que estean ben mesturadas.
  5. Poñer unha tixola ao lume medio e botarlle un pouco de manteiga.
  6. Cando a tixola estea quente botar un cazo da mestura, deixar que na parte superior empecen a formarse burbullas e empece a secarse.
  7. Dar a volta á tortiña axudándose de dúas espátulas. Deixar que se fagan 1 minutuno e retirar da tixola.




Suxestión: acompañalas de mel, chocolate ou caramelo.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.