Tacos de cogomelos e cabaza

Ingredientes:

4 cogomelos  (boletus eringii ou outro tipo de cogomelos)  , 200 g de cabaza, media cebola, queixo feta, 2 dentes de allo, aceite de oliva virxe extra, vinagre de viño tinto, pementa negra moída, 1 culleriña de pemento doce da Vera, sal, 6 "tortillas" mexicanas.




Elaboración:


  1. Cortar os cogomelos en láminas.
  2. Mesturar 4 culleres de aceite, 1 culler de vinagre, 1 dente de allo picado moi fino, 1 culleriña de pemento doce, sal e pementa ao gusto.
  3. Mollar as láminas de cogomelos coa mestura anterior e reservar.
  4. Cortar a cebola en pluma e a  cabaza en láminas finas. Picar moi fino un dente de allo.
  5. Poñer nunha tixola un pouco de aceite e engadir a cebola, a cabaza e o dente de allo picado. Facer a lume moi suave coa tixola tapada.
  6. Cando a cebola e a cabaza estean feitas engadir sal e pementa ao gusto. Reservar.
  7. Poñer nunha tixola os cogomelos e facelos a lume suave.
  8. Montar os tacos poñendo en cada "tortilla" cogomelos e cabaza con cebola.
  9. Esmiuzar o queixo feta e botalo por enriba dos tacos.
  10. Suxestión: Engadir aos tacos un pouco de zume de lima ou facer unha salsa mesturando iogur natural e unha salsa de tomate moi picante.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos. 

Comentarios