Ingredientes:
250 g de boniato, 150 g de piñóns, 170 g de améndoa moída, 130 g de azúcre, a pel relada dun limón, unha xema de ovo.Elaboración:
- Pelar e cortar o boniato en anacos pequenos.
- Poner os anacos de boniato nun estoxo para cociñar ao vapor no microondas*.
- Meter no microndas durante 4 minutos, comprobar que estea ben cocido, se non volvelo a meter un par de minutos.
- Aplastar o boniato ata ter un puré.
- Mesturar todos os ingredientes, agás a xema, co puré de boniato, ata que todo estea ben mesturado e quede unha masa húmida.
- Facer unhas boliñas e rebozalas nos piñóns apretándoos un pouco para que non se despeguen. Pintalas coa xema de ovo.
- Acender o forno a 180ºC e meter os panellets durante uns 15 minutos ou ata que estean un pouco torrados por arriba.
* Pode cocerse nunha tarteira con auga.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión