"Panellets" de cabaza e coco

Ingredientes:

200 g de cabaza cocida*, 200 g de coco relado, 100 g de azucre, 125 g de améndoa moída, 30 améndoas enteiras, 1 xema de ovo.




Elaboración:


  1. Facer un puré coa cabaza cocida, escorregala ben para que non teña moita auga.
  2. Mesturar todos os ingredientes, agás a xema de ovo e as améndoas enteiras.
  3. Amasar coas mans ata ter unha masa homoxénea e húmida.
  4. Facer boliñas coas mans ata acabar a masa. Na parte superior de cada boliña facer un oco para poñer logo unha améndoa enteira.
  5. Deixar repousar as boliñas uns 20 minutos na neveira.
  6. Acender o forno a 180ºC.
  7. Sacar as boliñas da neveira, colocar unha améndoa enteira enriba de cada unha.
  8. Pintar os "panellets" coa xema de ovo.
  9. Meter no forno uns 20 minutos. Sacar do forno e deixar arrefriar. 
  10. Gardar nun bote hermético.




* A cabaza pode cocerse no microondas e así non collerá moita auga.

Recollida en "Gastronomía y cía"

Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 1 hora