Ingredientes:
Filloas: 1 iogur natural, 2 ovos, 100 g de auga, 110 g de fariña sen glute (Adpan), manteiga.Salsa de caramelo: 200 g de azucre, 45 g de auga, 100 g de nata, 1 culleriña de sal.
Ademais: 2 mazás, manteiga.
Elaboración:
Salsa de caramelo:- Botar o azucre e a auga nun cazo e poñer ao lume forte.
- Poñer a nata noutro cazo ao lume suave.
- Cando o azucre empece a coller cor retirar do lume e engadir a nata pouco a pouco, remexendo continuamente e con moito coidado, xa que pode derramarse o cazo co caramelo.
- Engadir o sal e remexer.
- Reservar.
Filloas:
- Mesturar todos os ingredientes agás a manteiga. Batelos ben ata ter unha mestura homoxénea.
- Untar de manteiga unha filloeira, ou tixola plana, e poñela ao lume.
- Cando a filloeira estea ben quente botar nela a mestura suficiente para cubrir o fondo cunha capa fina.
- Cando os bordos de filloa empecen a coller cor darlle a volta, deixar facer 2 minutos , aproximadamente, e retirar.
- Repetir o proceso ata terminar a mestura.
Montaxe:
- Pelar as mazás e cortalas en anacos medianos.
- Poñer un pouco de manteiga nunha tixola e quentala.
- Cando a manteiga estea quente saltear os anacos de mazá durante 3 ou 4 minutos.
- Poñer anacos de mazá sobre cada unha das filloas, botar por enriba a salsa de caramelo e facer un paquetiño cas filloas. Servir tépedas.
Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 1 hora
De lujo,es una receta espectacular,un bico
ResponderEliminarMuchas gracias por tú comentario, bicos.
Eliminar