Ingredientes:
Masa: 400 g de fariña de arroz, 200 g de fariña de teff, 50 g de amidón de agrio de yuca, 2 ovo, 10 g de lévedo seco, 1,5 culleriñas de sal, 250 ml de auga morna (menos de 35ºC)Recheo:
6 vieiras limpas, 2 cebolas medianas, 5 pementos do "piquillo", aceite de oliva virxe extra, un chisco de azafrán moído, sal.
Elaboración:
Masa:- Acender o forno a 50ºC
- Poñer o lévedo seco na auga morna (menos de 35ºC) cun pouquiño de azucre, deixar repousar ata que faga escuma.
- Poñer no bol da batedora as fariñas, o ovo e o sal, comezar a amasar.
- Engadir o lévedo disolto na auga. Seguir amasando ata que a masa se despegue das paredes do recipiente.
- Meter no forno uns 10 minutos ata que a masa comece a levedar.
- Sacar a masa do forno e volvela a amasar. Reservar.
Recheo:
- Pelar e cortar a cebola en xuliana.
- Poñer a cebola nunha tixola cun pouco de aceite e facer a lume suave. A cebola ten que facerse sen coller cor.
- Cando a cebola estea feita engadir os pementos picados e seguir cociñando.
- Engadir o sal e o azafrán.
- Cando todo estea ben cociñado apagar o lume e engadir as vieiras cortadas pola metade.
Montaxe:
- Acender o forno a 200ºC.
- Dividir a masa en dous anacos, un un pouco máis grande que o outro.
- Estirar os dous anacos de masa entre papeis do forno. A tapa de abaixo deixala un pouco máis grosa que a de enriba.
- Cubrir a tapa de abaixo co recheo, tapar coa tapa de enriba e pechar os bordes.
- Pintar a superficie coa xema de un ovo e un pouco de leite.
- Meter no forno durante 20 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión