Crema de lombarda con chips de mazá

Ingredientes (4 persoas):

1/2 lombarda, 1 allo porro, 500 ml de caldo de ave, sal, pementa negra moída, 2 mazás acedas, 3 culleres de viño do Porto, 4 culleres de aceite de oliva virxe extra, queixo de cabra ao gusto.





Elaboración:

Chips de mazá

  1. Acender o forno a 100ºC.
  2. Lavar e cortar unha das mazás en toros moi finos é mellor utilizar unha "mandolina".
  3. Poñer os anacos de mazá nunha fonte de forno cuberta con papel, os anacos poden tocarse pero no montar uns sobre outros.
  4. Meter a fonte no forno durante 2 horas. Deixar o forno un pouco aberto para que perda humidade.
  5. Sacar do forno e gardar nun recipiente hermético.


Crema de lombarda

  1. Cortar o allo porro, poñelo nunha tarteira co aceite de oliva. Poñer a tarteira ao lume suave.
  2. Cortar a lombarda en tiras finas, eliminando as partes máis duras.
  3. Cando o allo porro estea transparente engadir a lombarda e remexer. Engadir o viño.
  4. Pelar unha das mazás e cortala en anacos pequenos. Botala á tarteira. Remexer.
  5. Engadir o caldo de ave e deixar cocer ata que a lombarda estea ben feita*.
  6. Triturar na batedora ata obter unha crema.
  7. Servir cos chips de mazá e anaquiños de queixo de cabra.

* Pode cociñarse nunha ola a presión para reducir o tempo de cocción.

Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 2 horas para os chips de mazá, 50 minutos para a crema de lombarda.

Comentarios