Torradas de ventrecha de bonito asada con maionesa de "piquillos"

Ingredientes:

1 ventrecha de bonito, maionesa, 8 pimientos do "piquillo", 2 dentes de allo, unhas follas de loureiro aceite de oliva, pan sen glute.





Elaboración:

  1. Acender o forno a 150ºC.
  2. Botarlle sal á ventrecha e metela no forno cunhas follas de loureiro e dous dentes de allo.
  3. Sacar do forno aos 20 minutos.
  4. Deixar que arrefríe e separar as láminas de ventrecha, poñelas en aceite e reservar.
  5. Poñer nun cazo ao lume, un pouco de aceite e o dente de allo en láminas, cando o allo empece a saltar engadir os pementos cortados en tiras, botarlles un pouco de sal, remexer e deixar que se fagan a lume suave.
  6. Cando os pementos estean feitos deixar que arrefríen.
  7. Facer un puré de pemento e mesturalo coa maionesa.
  8. Facer unhas torradas de pan, poñer enriba unhas láminas de ventrecha e botar por enriba a maionesa de "piquillos".


Suxestións: As torradas quedan moi ben con pan sen glute  "Pane Casereccio"  de Schär.

Podes facelas cunha ventresca en conserva.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios