Tacos de ventrecha de atún

Ingredientes:

1 lata de ventrecha de atún en aceite, nopais en escabeche, chiles, media lima, cilantro, 4 tortillas de millo.




Elaboración:


  1. Abrir a lata de ventrecha e escorregar o aceite, poñer a ventrecha nun plato.
  2. Engadir os nopais, ao gusto, cortados en anacos pequenos.
  3. Engadir os chiles, ao gusto, en anaquiños moi pequenos.
  4. Picar o cilantro e engadilo á preparación anterior.
  5. Aliñar co zume da lima.
  6. Servir acompañado das tortillas para que cada comensal faga o seu taco.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 10 minutos.