Pizza de mexillóns con fariña de teff

Ingredientes:

Masa: 200 g de fariña de arroz, 100 g de fariña de teff, 25 g de amidón de agrio de yuca, 1 ovo, 5 g de lévedo seco, 1 culleriña de sal, 125 ml de auga morna (menos de 35ºC)

Recheo: 2 cebolas medianas, 1 pemento verde tipo italiano, 5 culleres de tomate natural triturado, 200 g de carne de mexillón, salsa tabasco, sal, aceite de oliva, queixo mozzarella relado.




Elaboración:

Masa:
  1. Acender o forno a 50ºC
  2. Poñer o lévedo seco na auga morna (menos de 35ºC) cun pouquiño de azucre, deixar repousar ata que faga escuma.
  3. Poñer no bol da batedora as fariñas, o ovo e o sal, comezar a amasar.
  4. Engadir o lévedo disolto na auga. Seguir amasando ata que a masa se despegue das paredes do recipiente.
  5. Estender a masa, coas mans molladas, sobre un papel do forno facendo un círculo de 25 cm de diámetro aproximadamente.
  6. Meter no forno uns 10 minutos ata que a masa comece a levedar.

Recheo:
  1. Cortar a cebola en xuliana, poñer nunha tixola cun pouco de aceite de oliva e pochar a lume suave.
  2. Cortar o pemento en anacos pequenos e engadilos á tixola.
  3. Cando a cebola e o pemento estean pochados engadir o tomate triturado, remexer e deixar cociñar durante 10 minutos, se o tomate solta moita auga deixar ao lume ata que a salsa espese.
  4. Engadir sal e tabasco ao gusto.
  5. Engadir os mexillóns, remexer.

Montaxe:
  1. Acender o forno a 200ºC
  2. Botar os mexillóns en tomate por enriba da masa.
  3. Cubrir con queixo relado ao gusto.
  4. Meter no forno durante 25 minutos ou ata que a masa da pizza e o queixo estean dourados.

Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora

Comentarios