Ingredientes:
150 g de arroz para sushi (calquera arroz glutinoso con moito amidón), 180 ml de auga, 75 ml de vinagre de arroz, 45 g de azucre, 15 g de sal, 4 láminas de alga Nori.Opcións para o recheo:
- Bacallau afumado e mango
- Salmón afumado e aguacate
- Bacallau afumado e pementos vermellos picantes
- Salmón afumado e queixo fresco con herbas
Por suposto pode utilizarse calquera outra combinación destes ingredientes ou outros diferentes.
Elaboración:
- Lavar o arroz ata que a auga saia case incolora.
- Deixar o arroz en remollo, se pode ser dende o día anterior.
- Poñer o arroz e a auga na tarteira e quentar, cando empece a ferver baixar o lume ao mínimo e deixar cociñar 7 minutos.
- Apagar o lume e deixar repousar o arroz outros 7 minutos.
- Mentres quentar o vinagre co azucre e o sal ata que se disolvan.
- Engadir o vinagre co azucre e o sal ao arroz, remexendo para que se reparta ben.
- Botar o arroz nunha bandexa e estendelo, deixalo arrefriar. Axudar a que arrefríe abanicándoo cun cartón.
- Colocar unha lámina de alga nori sobre a esteira poñendo a cara brillante da alga para abaixo.
- Colocar un recipiente con auga fría ao lado para poder remollar as mans mentres se fan os makis.
- Estender unha capa fina de arroz sobre a alga deixando unha marxen de 0,5 cm, aproximadamente, nos bordes da lámina de alga.
- Colocar os ingredientes escollidos poñendo primeiro o máis pesado e enriba o máis lixeiro, por exemplo poñer primeiro unhas tiras de bacallau afumado e enriba colocar as láminas de mango.
- Os ingredientes deben colocarse próximos ao lado polo que vai a empezar a enrolarse o makis.
- Ao comezar a enrolar os ingredientes xa deben quedar dentro da primeira volta.
- Seguir enrolando o makis axundándose da esteira e facendo presión ao longo de todo o rolo.
- Ao chegar ao final pegar o extremo da alga mollándoa un pouco.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión