Hummus

Ingredientes:

1 bote de garavanzos cocidos, 1 culler grande de tahina, 1 culleriña rasa de comiño moído moi fino, o zume dun limón, 1 dente de allo, medio vaso pequeno de aceite, 1 iogur grego, sal.
Opcional: 1 culler de aceite de sésamo
Para servir: pemento doce da Vera e aceite arbequina.




Elaboración:

  1. Pasar o comiño por un coador para que só queden os anacos máis finos.
  2. Poñer todos os ingredientes no vaso da batedora.
  3. Se queres engade o aceite de sésamo.
  4. Bater ata ter unha crema suave, probar e rectificar de sal.
  5. Ao servir botar un pouco de pemento doce e aceite arbequina por enriba.



Dificultade: facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos.

Comentarios