Bonito con tomate

Ingredientes:

Para 6 persoas: 1 kg de lombos de bonito sen pel, unha cebola grande, un pemento de Arnoia ( ou italiano), 6 ou 8 tomates moi maduros ( ou de lata enteiros), aceite virxe extra, sal, pementa moida.



Elaboración:

  1. Pelar os tomates e cortalos en dados grandes, cortar a cebola en xuliana.
  2. Poñer a cebola nunha tarteira cun pouco de aceite e pochala lentamente.
  3. Mentres se fai a cebola, cortar o bonito en anacos e salpimentar. Poñer un pouco de aceite nunha tixola e dourar, polos dous lados, os anacos de bonito. Só dourar o bonito, sen que chegue a facerse. Reservar.
  4. Cando a cebola estea ben pochada engadir os tomates pelados e cortados, remexer, engadir sal e deixar cocer suavemente. Se os tomates soltan moita auga subir o lume para que a salsa espese.
  5. Cando a salsa de tomate xa estea feita probar e rectificar de sal e engadir un pouco de azucre, se é necesario.
  6. Uns 20 minutos antes de servir engadir os anacos de bonito á salsa de tomate baixando o lume. Aos 15 minutos apagar o lume deixando a tarteira á calor.



Suxestión: acompañar o prato con tiras de pemento verde fritas.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e media.

Comentarios

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión