Barquillos

Ingredientes:

85 g de fariña de arroz integral, 40 g de amidón de millo, 50 g de manteiga, 60 g de azucre, 150 g de auga, 1 culler de liño moído, 1 ovo.




Elaboración:


  1. Quentar a metade da auga e engadirlle a culler de liño, deixar repousar.
  2. Abrandar a manteiga quentándoa no microndas.
  3. Poñer no vaso da batedora a manteiga fundida, o azucre, e o ovo, bater ata ter unha mestura homoxénea.
  4. Engadir á batedora a auga, a auga co liño e volver a bater ata que todo estea ben mesturado.
  5. Engadir á batedora a fariña de arroz e o amidón de millo, bater ata que todo estea ben mesturado.
  6. Quentar a barquilleira, cando estea ben quente engadir 1, 2 ou 3 culleres da mestura segundo o tamaño de barquillo que se quera.
  7. Pechar a barquilleira e deixar que se faga o barquillo durante uns 2 minutos.
  8. Abrir a barquilleira, se o barquillo xa está ben dourado darlle a forma rapidamente e reservar ata que arrefríe. Para manexar os barquillos é mellor protexer os dedos da calor cunhas luvas.
  9. Se hai moita humidade no ambiente os barquillo abrandan en pouco tempo, poden meterse menos dun minuto no forno moi quente para volver a estar crocantes pero perderan a súa forma.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos.

Comentarios