Xeado de melocotón

Ingredientes:

700 g de melocotóns, 250 g de queixo mascarpone, 150 g de leite evaporado, 200 g de leite condensado, 1 melocotón pequeno (para engadir en dadiños), 1 pau de canela, 25 ml de augardente tostada.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 150ºC.
  2. Lavar os 700 g de melocotón e abrilos pola metade.
  3. Poñer os melocotóns nunha fonte de forno co pau de canel e a augardente. 
  4. Meter no forno durante 40 minutos.
  5. Sacar os melocotóns do forno e deixar arrefriar. 
  6. Cando estean fríos sacar a pel, cortar en anacos e poñelos no vaso da batedora.
  7. Engadir ao vaso da batedora o queixo e os dous tipos de leite, bater ata que todo estea ben mesturado.
  8. Probar o batido e rectificar de azucre segundo o gusto.
  9. Gardar o batido na neveira 12 horas.
  10. Pelar e cortar o melocotón pequeno en dadiños moi pequenos.
  11. Poñer o batido na máquina de xeado e engadir os dadiños de melocotón.
  12. Gardar o xeado no conxelador. Para servir sacalo do conxelador uns 10 minutos antes.



Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos máis o tempo de repouso na neveira.

Comentarios