mércores, 20 de agosto de 2014

Torta de tomates cherry con requeixo

Ingredientes (para molde de 20 cm de lado):

Para a masa: 100 g de fariña de améndoa, 100 g de fariña de arroz integral, 85 g de manteiga, un ovo.
Para o recheo: 250 g de requeixo, 3 ovos, tomates cherry (os necesarios para encher o molde), aceite de oliva virxe extra, romeu, pementa negra moída, ourego, sal.



Elaboración:

Masa:
  1. Quentar o forno a 190ºC.
  2. Poñer as fariña no recipiente da batedora, cortar a manteiga fría en anacos e mesturar coa fariña.
  3. Engadir o ovo e mesturar.
  4. Amasar un pouco.  Coas más ir distribuíndo a masa nun molde de fondo desmontable..
  5. Meter o molde no forno ata que a masa empece a coller cor. Sacar do forno e reservar.

Recheo:
  1. Poñer o requeixo nun bol e engadirlle pementa, romeu,ourego, sal e un pouquiño de aceite. Mesturar.
  2. Bater os ovos e engadirllos ao requeixo. Mesturar.
  3. Botar enriba da masa e colocar os tomates cortados á metade cubrindo toda a superficie.
  4. Meter no forno 35 ou 40 minutos.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora .