Torta de nectarinas

Ingredientes:

Base: 100 g de fariña de arroz, 50 g de fariña de améndoa, 50 g de coco relado, 1 ovo, 25 g de manteiga fría, un chisco de sal, 1 culleriña de azucre, 6 culleriñas de auga fría.

Crema: 3 xemas de ovos, 300 ml de leite enteiro, 10 g de amidón de millo, 2 culleres de azucre, 1 pau de canela, un anaco de cortiza de limón.

Ademais: 1 nectarina, marmelada de melocotón.






Elaboración:

Base

  1. Acender o forno a 150ºC
  2. Mesturar todos os ingredientes na batedora.
  3. Distribuír a masa nos moldes utilizando as máns, deixar unha capa fina.
  4. Meter os moldes no forno uns 15 minutos.
  5. Sacar do forno e reservar.

Crema

  1. Poñer nun cazo o leite, o pau de canela e a cortiza de limón, quentar ata que case empece a ferver.
  2. Mesturar o azucre, o amidón de millo e as xemas de ovo.
  3. Cando o leite estea quente, pero sen ferver, engadir un pouco sobre as xemas mesturadas co azúcre e o amidón, remexer rápido. 
  4. Botar a mestura no cazo e seguir quentando ata que a crema espese.

Montaxe

  1. Botar a crema nos moldes ata encher a tartaleta.
  2. Cortar a nectarina en anacos finos e distribuílos por enriba das tartaletas.
  3. Volver a meter no forno a 200ºC, co lume por enriba, ata que as tartaletas collan cor. Sacar do forno e reservar.
  4. Poñer tres culleres de marmelada de melocotón nun cazo a lume suave. Engadir dúas culleres de auga.
  5. Deixar que ferva uns minutos.
  6. Pintar as tortas de nectarina coa marmelada.




Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.