Ingredientes:
6 tortillas de millo, 10 flores de cabaciña, 6 tallados de queixo Arzúa-Ulloa, 1/2 cebola, aceite de oliva virxe extra.Elaboración:
- Lavar as flores de cabaciña, quitarlles os estames e picalas en anacos pequenos, reservar.
- Picar a cebola en anacos moi pequenos.
- Poñer a cebola nunha tixola cun pouco de aceite e pochar a lume suave.
- Cando a cebola estea feita e cun pouco de cor engadir as flores picadas, remexer e deixar ao lume entre 5 e 10 minutos. Reservar.
- Quentar a prancha.
- "Pintar" cun pouco de aceite unha das caras da tortillas e poñelas por esa cara na prancha.
- Cando as tortillas estean quentes poñer enriba dúas talladas de queixo e unha culler de cebola e flores.
- Pechar a tortilla e darlle a volta, mantela no lume ata que se funda o queixo.
- Servir quentes.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión