Pizza con base de cabaciña

Ingredientes:

600 g de cabaciña relada, 100 g de fariña de améndoa, 150 g de queixo Gouda relado, 1 culleriña de sal, 2 ovos, 3 culleriñas de ourego seco, pementa negra moída, 2 latas de tomate triturado, 150 g queixo mozzarella relado, unhas follas de albahaca fresca.





Elaboración:


  1. Acender o forno a 250ºC.
  2. Botarlle o sal á cabaciña relada, deixar repousar 1/2 hora, máis ou menos, para que perda a auga.
  3. Despois da hora pasar a cabaciña a un pano limpo e retorcelo para el eliminar a maior cantidade posible de auga.
  4. Mesturar a cabaciña con 1 culleriña de ourego, a fariña de améndoa, o queixo gouda e os dous ovos batidos.
  5. Estender a mestura sobre papel do forno facendo un círculo duns 20 cm de diámetro e uns 0,5 cm de grosor. Beliscar os bordos para que se forme cortiza.
  6. Meter a base no forno uns 10 minutos ata que empece a dourarse. Sacar do forno e reservar.
  7. Baixar o forno a 180ºC.
  8. Poñer o tomate triturado ao lume nunha tixola para que perda a auga e espese.
  9. Engadir ao tomate 2 culleriñas de ourego.
  10. Estender o tomate sobre a base da pizza. Botarlle por enriba o queixo mozzarella e meter no forno ata que o queixo estea dourado.
  11. Sacar a pizza do forno e poñer por riba as follas de albahaca.




A base da pizza esta adaptada de My humble kitchen

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos

Comentarios