sábado, 23 de agosto de 2014

Pastas de chocolate e xenxibre

Ingredientes:

15 g de manteiga, 40 g de azucre glas, 2 culleriñas de maizena, 2 culleres de leite evaporado, 50 g de améndoa picada, 50 g de xenxibre confeitado, 75 g de chocolate negro.




Elaboración:


  1. Acender o forno a 190ºC.
  2. Disolver a maizena no leite evaporado frío.
  3. Poñer nun cazo a manteiga, a maizena disolta no leite evaporado e o azucre. Remexer.
  4. Quentar ata que a crema espese un pouco.
  5. Retirar do lume e engadir a améndoa e o xenxibre picado en anacos pequenos. Remexer.
  6. Nunha bandexa de forno forrada con papel ir poñendo montonciños da mestura.
  7. Meter no forno uns 10 minutos.
  8. Sacar do forno e deixar arrefriar.
  9. Fundir o chocolate poñéndoo no microondas 1 minuto, aproximadamente.
  10. Bañar as pastas co chocolate fundido.


Adaptada sen glute de "La enciclopedia de los sabores" de Niki Segnit.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 25 minutos.