Cabaciña agredoce

Ingredientes:

1 kg de cabaciña, 200 g vinagre de viño branco*, 200 g azucre*, aceite de oliva virxe extra arbequina.
* Poñer sempre a mesma cantidade de vinagre que de azucre.




Elaboración:

  1. Pelar a cabaciña cun pelador, e despois cortala en tiras tamén co pelador.
  2. Mesturar o vinagre e o azucre.
  3. Poñer as tiras de cabaciña nunha fonte fonda e botar por enriba a mestura de vinagre e azucre. As tiras de cabaciña teñen que quedar xusto cubertas, pero na fonte ten que quedar sitio xa que logo solta moita auga.
  4. Tapar a fonte con plástico de cociña e meter na neveira 24 horas.
  5. Sacar da neveira e escorrer as tiras de cabaciña, pasalas a un bote e enchelo de aceite. Aguanta moitos días na neveira.
  6. Ao servir, botar por enriba menta picada.




Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 20 minutos (24 horas de repouso)

Comentarios