domingo, 27 de xullo de 2014

"Tortillas" mexicanas de millo

Ingredientes:

200 g de fariña de millo nixtamalizada*, 200 g de auga morna, 1/2 culleriña de sal.




*En España a máis fácil de conseguir e a fariña Maseca.


Elaboración:

  1. Poñer a fariña nun recipiente fondo e engadirlle o sal.
  2. Ir engadindo a auga pouco a pouco e amasando coa man ao mesmo tempo.
  3. A masa está lista cando se pode facer un bóla e ten unha consistencia branda e húmida pero manexable.
  4. Facer unhas boliñas do tamaño dun ovo pequeno e ilas poñendo de unha en unha na prensa para tortillas entre dúas láminas de plástico (mellor de bolsas para conxelar alimentos, o plástico de cociña é demasiado fino), cerrar a prensa para facer a tortilla.
  5. A prensa deixa máis fina a tortilla por un lado que polo outro, asi que unha vez prensada xirar a tortilla e volvela a prensar.
  6. Mentres se fai a primeira tortilla poñer a lume forte una prancha ou tixola baixa.
  7. Poñer a tortilla sobre a prancha e baixar o lume á metade.
  8. Facer a seguinte tortilla, e darlle a volta á primeira.
  9. Despois dun minuto aproximadamente darlle outra vez a volta á tortilla.
  10. Despois doutro minuto darlle outra volta, a tortilla ten que inflar. Para que infle non hai que deixar que a tortilla seque moito, e mellor ir dándolle voltas cada pouco ata que infle.
  11. Repetir o proceso ata acabar a masa.
  12. A medida que se van facendo as tortillas poñelas nun pano tapándoas para que non arrefríen. 


Dificultade: Media
Tempo aproximado: 45 minutos