Torta de limón

Ingredientes:

Masa quebrada: 240 g de Mix Dolci Schär, 150 g de manteiga, 1 pizca de sal, 2 xemas de ovo, 40 g de azucre. 

Crema de limón.

Merengue italiano: 250 g de clara pasteurizada, 600 g de azucre, 200 ml de auga, 70 g de glicosa en po.



Elaboración:


Masa:
  1. Mesturar todos os ingredientes e formar unha pasta lisa.
  2. Deixala repousar durante unha hora no frigorífico.
  3. Estendela entre dúas follas de papel de forno, e darlle unha forma redonda. 
  4. Usar un molde desmontable de silicona ou untar con manteiga e espolvorear con fariña un molde metálico para tortas. 
  5. Colocar a masa no molde, retirar o que sobresae.
  6. Pinchar cun garfo para que no forno non se formen bolsas de aire.
  7. Deixar no forno durante uns 20 minutos a 180°, deixala arrefriar ben.
Merengue italiano:
  1. Cocer o azucre e a auga e cando estean a punto de ferver retirar e engadir a glicosa.
  2. Mesturar e cocer ata 121 º C.
  3. Neste momento, comezar a montar as claras e cando estean a punto de neve, engadir o almíbar a 121 º C en fío sen deixar de montalas.
  4. Seguir montando ata que o merengue estea frío.
Montaxe:
  1. Cubrir o fondo da torta coa crema de limón.
  2. Decorar ao gusto co merengue.

Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e media.

Comentarios

  1. Hola Raquel. Es la primera vez que visito tu blog pero después de ver algunas de tus creaciones, seguiré pasándome por aqui. Me gusta mucho lo que haces, así que tienes una seguidora más. un biquiño

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Encantaríame saber a túa opinión