Raviolis de cabaciña con mascarpone, piñóns e pesto

Ingredientes:

1 cabaciña pequena, 50 g de piñóns, 150 g de mascarpone, pesto.




Elaboración:


  1. Torrar un pouco os piñóns e mesturalos co mascarpone Reservar
  2. Cortar a cabaciña en talladas ao longo, desbotar as primeiras e usar as que saen máis anchas e iguais.
  3. Poñer auga  con sal a ferver e botar nela as talladas de cabaciña durante 30 segundos.
  4. Pasar as talladas de cabaciña á auga con xeo para parar a coción.
  5. Secar os anacos de cabaciña e poñer dous facendo unha cruz, poñer no medio unha culleriña de mascarpone e piñóns e dobrar a cabaciña facendo un paquete. Repetir co resto de cabaciñas.
  6. Poñer os raviolis nunha fonte e botarlles por enriba pesto.



Dificultade: facilísima
Tempo aproximado: 30 minutos.

Comentarios