mércores, 16 de xullo de 2014

Crema de limón no microondas

Ingredientes: 

220 g de azucre, 3 ovos e unha xema, 100 g de manteiga, 200 g de zume de limón e a pel relada dun limón.




Elaboración:

  1. Fundir a manteiga no microondas e reservar ata que estea morna.
  2. Poñer nun bol, que se poida meter ao microondas, os ovos e a xema, engadir o azucre e bater ata que estea ben mesturado.
  3. Coar o zume de limón e engadirlle o relado da casca.
  4. Botar o zume de limón e a manteiga aos ovos, remexer.
  5. Meter no microondas a máxima potencia 1 minuto, remexer cunha culler de madeira. Repetir 3 ou catro veces ata que a crema espese.




Pode usarse para recheo de tartas ou para untar en galletas.

Recollida en Gastronomía y cia

Dificultade: Facilísima
Tempo aproximado: 30 minutos.