Xeado de cereixas

Ingredientes:

500 g de cereixas, 100 g de azucre (pode aumentarse a cantidade segundo o gusto), 2 culleres de azucre invertido, 4 iogures gregos (de 125 g cada un).





Elaboración:

  1. Cortar as cereixas e quitarlles as pebidas.
  2. Engadirlles o azucre, remexer e poñelas ao lume suave ata que fervan.
  3. Retiralas do lume despois de que fervan uns 5 minutos, engadir o azucre invertido e deixalas arrefriar.
  4. Mesturar as cereixas e os iogures.
  5. Pasar a mestura pola batedora deixando algúns anacos de cereixas.
  6. Deixar repousar unhas doce horas na neveira.
  7. Pasar o preparado á máquina de xeados*.
  8. Gardar no conxelador. Para consumir sacar un pouco antes do conxelador.


*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.


Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora+ máis o repouso.