Trufas de cecimbre (Mentha sativa)

Ingredientes:

250 g de chocolate fondant sen glute, 150 g de nata de 35%, 25 g de manteiga, 10 g de follas frescas de cecimbre.




Elaboración:

  1. Picar o chocolate, poñelo nun recipiente e reservar.
  2. Colocar a nata e a cecimbre nun cazo e quentar a lume lento, cando comence a ferver retirar. 
  3. Coar a nata.
  4. Engadir á nata quente a manteiga e o chocolate, remexer ata que estean desfeitos e teñas unha crema.
  5. Meter a mestura na neveira ata que arrefríe.
  6. Forrar unha bandexa con papel  para forno e ir collendo cunha culler anaquiños da pasta de chocolate.
  7. Facer boliñas, poñelas na bandexa e meter na neveira unhas 4 horas.
  8. Rebozar as trufas con cacao puro ou azucre de lustre.
  9. Aguantan varios días na neveira.


Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o repouso na neveira)

Comentarios