mércores, 4 de xuño de 2014

Cogomelos mariñados

Ingredientes: 

300 g de boletus eringii ( ou outro tipo de cogomelos), 50 ml de aceite virxe extra, 2 dentes de allo, 2 follas de loureiro, un anaco de chile, pementa negra en gran , 50 ml de viño branco, 25 ml de vinagre de xeréz, sal.





Elaboración:

  1. Poñer nunha tixola o aceite e os allos, cando estes empezen a "saltar" engadir as setas cortadas en láminas.
  2. Engadir pementa negra e sal ao gusto.
  3. Engadir as follas de loureiro.
  4. Cando os cogomelos estean case feitos sacalos da tixola e reservar.
  5. Engadir á tixola o viño e o vinagre, deixar ferver uns 10 minutos.
  6. Volver a engadir os cogomelos á tixola e apagar o lume.
  7. Cando estean a temperatura ambiente poden gardarse nun bote de cristal na neveira. Consumir a temperatura ambiente.

Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 40 minutos