mércores, 11 de xuño de 2014

Marmelada de rosas (Glukand)

Ingredientes:

1 taza de pétalos de rosa* (as rosas teñen que ser frescas e con cheiro) ben chea, 3 culleres grandes de azucre.



* Usar rosas cultivadas sen produtos químicos.

Elaboración:

  1. Lavar os pétalos de rosa e deixalos secar sobre papel de cociña.
  2. Triturar os pétalos.
  3. Poñer, nun frasco de vidro, capas alternas de pétalos triturados e azúcre.
  4. Pechar o frasco e gardalo á luz durante 7 ou 10 días.
  5. Cada dous días remexer cunha culler limpa.
  6. Gardar  no frigorífico.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos.