Empanadiñas de espinacas e queixo Arzúa-Ulloa

Ingredientes:

Para a masa: 150 g de fariña de arroz, 40 de amidón de millo (Maizena), 40 g de fécula de mandioca agre, 1 culleriña de lévedo  químico, 1 culleriña de goma xantana, 1 ovo, 1 culler de aceite de oliva virxe extra, 100 ml de auga, 1/2 culleriña de sal.

Para o recheo: 500 g de follas de espinacas frescas, 1 presa de uvas pasas de corinto, 1 culler de aceite de oliva virxe extra, 50 g de queixo Arzúa-Ulloa (ou outro queixo fresco), 1/2 culleriña de sal, 1 dente de allo pequeno, 1/2 culleriña de curry.





Elaboración:

Masa
  1. Mesturar todos os ingredientes sólidos.
  2. Engadir o ovo e o aceite e mesturar cos ingredientes sólidos.
  3. Ir engadindo a auga aos poucos mesturando ben ata ter unha masa que se despegue das paredes do recipiente e que quede elástica.
  4. Dependendo do tipo de fariña de arroz pode necesitarse máis ou menos auga.
  5. Deixar repousar a masa uns 30 minutos.
  6. Estirar a masa cun rolo, poñendo na superficie un pouco de amidón de millo para que non se pegue.
  7. Cortar a masa en círculos de uns 10 cm de diámetro.

Recheo
  1. Picar o dente de allo moi fino, poñelo nunha tixola co aceite a lume suave.
  2. Cando os allos empecen a "saltar" engadir as espinacas e as uvas pasas.
  3. Deixar ao lume ata que se evapore toda a auga que soltan as espinacas.
  4. Engadir o sal e o curry, remexer. Seguir cociñando 5 minutos e apagar o lume.

Montaxe
  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Cortar o queixo en cubiños de 1 cm de lado.
  3. Cando as espinacas estean frías repartilas sobre os círculos de masa.
  4. Poñer en cada empanadilla dous ou tres anacos de queixo.
  5. Pechar as empanadiñas, pintalas con ovo batido.
  6. Poñelas no forno uns 25 minutos.



Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.