Batido de iogur con marmelada de rosas (Gulkand Lassi)

Ingredientes:

2 iogures naturais, 2 culleres de marmelada de rosas (Gulkand), 1/2 culleriña de cardamomo en po, 50 ml de auga, azucre ao gusto, améndoas picadas para decorar.





Elaboración:

  1. Poñer na batedora os iogures, a marmelada, o cardamomo e o azucre.
  2. Bater ata que todo estea ben mesturado.
  3. Engadir a auga e bater ata que o batido quede con escuma.
  4. Reservar na neveira para que o batido arrefríe.
  5. Tostar nunha tixola as améndoas picadas.
  6. Servir o batido en copas, ben frío.
  7. Botar améndoas picadas por enriba do batido.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 20 minutos.

Comentarios