Xeado de herba luisa

Ingredientes:

500 g de leite enteiro, 150 g de nata, 40 g de follas frescas de herba luisa, 100 g de azucre, 30 g de glicosa, 20 g de azucre invertido, 35 g de leite en po, 4 g de estabilizante.







Elaboración:

  1. Quentar o leite e a nata, engadir a herba luisa e deixar infusionar durante 40 minutos aproximadamente.
  2. Coar a herba luisa, volver a temperar a infusión e engadir o leite en po, o azucre invertido e a glicosa mesturada cun pouco de azucre.
  3. Mesturar o resto do azucre e o estabilizante, engadir a mestura á infusión.
  4. Quentar ata 86ºC.
  5. Arrefriar rápido e deixar repousar no frigorífico entre 12 e 24 horas.
  6. Pasar o preparado á máquina de xeados*.
  7. Gardar no conxelador. Para consumir sacar un pouco antes do conxelador.



*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.


Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 2 horas+ máis o repouso.