Tagine de garavanzos e cenorias

Ingredientes:

1 cebola mediana, 2 dentes de allo, 4 ou 5 cenorias, 500g de garavanzos cocidos, 1 culleriña de xenxibre, 1 culleriña de cúrcuma, 3/4 de culleriña de canela, 1/2 culleriña de pementa negra moída,1/4 culleriña de pemento picante,1/4 culleriña de ras el hanout (prescindir se non se ten), aceite de oliva virxe extra, sal, 3 culleres de cilantro fresco picado, 200 ml de caldo de polo (ou auga), 2 culleriñas de mel, 1 presa de uvas pasas.




Elaboración:

  1. Cocer en auga con sal os garavanzos* ou utilizar garavanzos cocidos en conserva.
  2. Picar a cebola, poñela nunha tixola co aceite e os dentes de allo, deixar facer a lume suave durante uns 5 minutos.
  3. Engadir es especias, o cilantro picado, as cenorias cortadas en bastóns e o caldo.
  4. Deixar cocer ata que as cenorias estean cocidas ao gusto.
  5. Engadir o mel e os garavanzos, remexer e deixar cocer ata que os garavanzos estean ben quentes e a salsa reduza un pouco. Pobar e rectificar de sal**.
  6. Servir quente.
*Se se utilizan garavanzos secos, haberá que poñelos a remollo o día anterior.
**Ter en conta que os garavanzos xa levan sal e que o caldo se é comprado tamén leva.

Dificultade: Fácil
Tempo aproximado: 40 minutos 

Comentarios