Mexillóns en escabeche

Ingredientes:

2 kg de mexillóns, 125 g de aceite de oliva virxe extra, 75 g de vinagre de viño branco, 75 g de viño branco, catro dentes de allo, dúas follas de loureiro, unha culleriña de pementa negra en gran, 5 cravos, dúas culleriñas de pemento doce da Vera.



Elaboración:

  1. Abrir os mexillóns ao vapor, sen botarlles nada.
  2. Sacar oa mexillóns das cunchas e limpar as "barbas".
  3. Reservar a auga que soltaron os mexillóns.
  4. Nunha tarteira poñer o aceite e os dentes de allo, quentar ata que os dentes de allo comecen a "saltar".
  5. Retirar a tarteira do lume deixar arrefriar un pouco e botar o viño, o vinagre, 125 g da auga de cocer os mexillóns coada, as follas de loureiro, os cravos, a pementa e o pemento doce.
  6. Poñer ao lume e deixar ferver 20 minutos.
  7. Apagar o lume e botar os mexillóns, tapar e deixar repousar.
  8. Gardar na neveira, estarán mellor despois de 24 horas.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.