Ingredientes:
1 kg de tomates moi maduros, 500 g de amorodos, a metade dun pepino pequeno, 1 pemento verde pequeno, 2 dentes de allo, 100 ml aceite de oliva virxe extra, 30 ml de vinagre de mazá, sal.Elaboración:
- Pelar e trocear os tomates, para que sexa máis fácil pelar os tomates poden escaldarse*.
- Pelar o pepino e cortar o pemento, mesturar cos tomates e engadir os dentes de allo pelados. Reservar.
- Lavar e cortar os amorodos.
- Poñer no vaso da batedora todos os ingredientes, incluídos o aceite, vinagre e sal. Triturar.
- Para que quede máis fino pasar por un coador e engadir un pouco de auga se queda moi espeso.
- Rectificar de vinagre e sal ao gusto.
- Gardar na neveira ata o momento de servir.
*Facer un corte en cruz na pel dos tomates pola parte contraria ao talo, poñelos uns minutos en auga fervendo e logo pasalos a auga con xeo. Retirar a pel dos tomates.
Dificultade : Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión