Lasaña de lacón e grelos

Ingredientes:

150 g de lacón cocina esmiuzado, 200 g de grelos cocidos, 6 láminas de lasaña sen glute, 1 cebola mediana, 500 ml de leite, 200 g de queixo San Simón da Costa, pementa negra moída, noz moscada moída,35 g de maizena, aceite de oliva virxe extra.





Elaboración:


  1. Escorregar ben os grelos e cortalos en anacos pequenos.
  2. Pelar e picar a cebola, poñela a pochar nunha tixola cun pouco de aceite.
  3. Cando a cebola estea case feita engadir o lacón remexer e seguir cociñando.
  4. Engadir os grelos á tixola, remexer e deixar ao lume suave.
  5. Mesturar 10 g de maizena con 50 ml de leite frío, engadir a mestura á tixola, remexer, engadir un pouco de pementa negra moída e deixar cocer uns 15 minutos. Reservar.
  6. Probar e rectificar de sal.
  7. Se o contido da tixola espesa demasiado engadir máis leite ata que quede como unha crema lixeira, rectificar de sal e pementa.
  8. Poñer os 400 ml de leite a ferver nun cazo.
  9. Engadir a metade do queixo, cortado en anacos pequenos, ao leite, remexer ata que o queixo se funda.
  10. Mesturar 25 g de maizena con 50 ml de leite frío.
  11. Cando o leite do cazo comece a ferver engadirlle a maizena mesturada co leite frío. Remexer e deixar cocer ata que teña a consistencia dunha bechamel lixeira. Engadir, sal, pementa negra moída e noz moscada moída ao gusto.
  12. Cocer en abundante auga as láminas de lasaña, seguindo as instrucións do envase.
  13. Cubrir o fondo dunha fonte para forno cunha capa lixeira de bechamel.
  14. Ir alternando láminas de lasaña con capas de lacón con grelos, rematar con láminas de lasaña.
  15. Acender o forno a 180ºC.
  16. Botar por enriba da lasaña bechamel e o resto do queixo relado.
  17. Meter ao forno, deixar acendida só a parte de enriba.
  18. Sacar a lasaña do forno cando a superficie estea un pouco torrada. Servir inmediatamente.


Difcultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios