Kulfi de pistacho (xeado da India)

Ingredientes:

1 litro de leite enteiro, 100 g de azucre, 100 g de pistachos pelados e sen sal, 100 g de améndoa moída, 10 vaíñas de cardamomo, un chisco de azafrán.




Elaboración:

  1. Triturar os pistachos, deixar algúns enteiros para adornar. 
  2. Abrir as vaíñas de cardamomo e poñelas no leite.
  3. Ferver o leite suavemente ata que reduza á metade. Remexer con frecuencia para que o leite non se pegue.
  4. Engadir o azucre e seguir remexendo sen retirar do lume.
  5. Coar o leite para retirar o cardamomo. Volver a poñer o leite ao lume e engadir os pistachos, a améndoa e o azafrán, remexer ata que espese.
  6. Deixar arrefriar a crema remexéndoa de vez en cando.
  7. Pasala a moldes e metela no conxelador.
  8. Para consumir, sacar os moldes do conxelador e metelos en auga tibia para desmoldear. Servir botando por enriba anacos de pistachos.



Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 30 minutos.

Información sobre a receita: O kulfi é un postre moi popular na India. Pode facerse de diversos sabores. Ten un aspecto máis  denso que os nosos xeados. Debido á súa cremosidade non se necesita batelo.

Comentarios