Ingredientes (saen unhas 20):
100 g de manteiga a temperatura ambiente, 50 g de azucre moreno, 1 xema de ovo, 180 g de fariña sen glute (Adpan), unha culleriña de canela en pó, unha culleriña de cardamomo en pó.Glaseado: zume de limón, 50 g de azucre glas.
Elaboración:
- Mesturar a manteiga, o azucre e a xema na batedora.
- Cando sexa unha crema de cor tostada engadir a fariña, a canela e o cardamomo.
- Envolver a masa en film e meter na neveira unha hora.
- Acender o forno a 180ºC
- Estirar a masa ata que teña un grosor de 1 cm, aproximadamente, e cortar cun cortapastas.
- Poñer as galletas sobre papel de forno na bandexa.
- Deixalas no forno 20 minutos.
- Sacar do forno e deixalas enfriar.
- Preparar o glaseado mesturando o azucre glas e o zume de limón. Ir engadindo o zume pouco a pouco ata ter unha pasta densa.
- Cando as galletas estean frías decorar co glaseado e deixar secar.
Recollida en Directo al paladar e adaptada sen glute.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos (máis o repouso)
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión