Croquetas de champiñóns "portobello" e xamón

Ingredientes:

300 g de champiñóns "portobello", 1 dente de allo, 50 g de xamón serrano picado,70 g de manteiga, 80 g de maizena, 600 ml de leite, sal, pementa negra moída, noz moscada relada. Para o rebozado: ovos, pan relado sen glute (Adpan),  Crunchy Crumbs*.





Elaboración:

  1. Picar os champiñóns en anacos pequenos.
  2. Pelar e picar o dente de allo e poñelo nunha tixola cun pouco de aceite.
  3. Cando os allos comecen a "saltar" botar á tixola os champiñóns e deixar que se fagan a lume suave remexendo de vez en cando.
  4. Cando os champiñóns estean feitos engadir á tixola o xamón picado.
  5. Probar e rectificar de sal e  engadir pementa negra moída ao gusto. Reservar.
  6. Nun pouco de leite frío disolver a maizena, reservar.
  7. Poñer a quentar o resto do leite coa manteiga.
  8. Cando a manteiga e o leite estean quentes engadir os champiñóns con xamón e a maizena disolta, remexer ata que espese a bechamel.
  9. Rectificar de sal, engadir a pementa e a noz moscada ao gusto.
  10. Deixar arrefriar a bechamel e logo deixala repousar na neveira ata que estea ben fría.
  11. Para envolvelas: darlles forma, coa man, con dúas culleres, etc, pasar por pan relado, ovo batido e Crunchy Crumbs.
  12. Logo fritir en abundante aceite moi quente.




Dificultade: Media
Tempo aproximado: 30 minutos (máis o tempo do rebozado)



Comentarios