Xarda en escabeche

Ingredientes:

6 lombos de xarda*, 150 ml de viño branco "Rías baixas", 150  ml de vinagre branco de viño, 200 ml de aceite de oliva virxe extra, 1 cebola grande, 2 dentes de allo, 4 pementos do "piquillo", 2 g de pementa negra enteira, 2 follas de loureiro, 1 poliña de tomiño, sal.
*Pedir na peixería que limpen a xarda e fagan os lombos.




Elaboración:


  1. Botar sal aos lombos de xarda, reservar.
  2. Picar a cebola e o allo moi fino e poñelos nunha tarteira co aceite a lume suave. Engadir as follas de loureiro e tomiño.
  3. Cando a cebola e o allo estean feitos engadir os pementos de "piquillo" picados moi finos, a pementa, o viño branco e o vinagre. Deixar ferver uns 5 minutos.
  4. Baixar o lume ao mínimo, poñer os lombos de xarda na tarteira procurando que non queden uns enriba doutros. 
  5. Deixar a tarteira ao lume uns 5 minutos, comprobar que o peixe estea feito e se non deixalo algún minuto máis pero sen que se cociñe demasiado.



Suxestión: esta receita quedará ben con calquera peixe azul.

Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.