xoves, 6 de marzo de 2014

Pasteliños de limón

Ingredientes:

Para a masa: 150 g de fariña de repostaría sen glute (ADPAN), 30 g de azucre, 4 culleriñas de maizena, un chisco de sal, 120 g de manteiga fría en dadiños.
Para o flan de limón: 180 ml de zume de limón, 250 g de azucre, 6 ovos medianos, 5 culleres de fariña de repostaría sen glute (ADPAN), azucre glass para decorar.





Elaboración:


  1. Acender o forno a 180ºC.
  2. Nunha batedora mesturar todos os ingredientes da masa ata que quede como area.
  3. Cubrir o fondo dun molde de 20x20 cm coa mestura.
  4. Meter ao forno uns 20 minutos ata que empece a coller cor.
  5. Mesturar todos os ingredientes do flan e batelos ata que estean ben mesturados.
  6. Sacar a masa do forno e deixala arrefriar ata que estea dura, 1 hora aproximadamente.
  7. Botar a mestura de flan por enriba da masa endurecida.
  8. Meter no forno a 150ºC durante 40 minutos.
  9. Sacar do forno, deixar arrefriar completamente e cortar en cadradiños ou triángulos. Botar por enriba azucre glass.


Dificultade : Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e media máis o tempo que tarde en arrefriar a base.