Ingredientes:
Para a masa: 375 g de fariña panificable sen glute Schär, 3 ovos, 3 culleres de aceite de oliva virxe extra, 5 culleres de auga, 1 culleriña de sal, 1 culleriña de lévedo seco de panadería.
1 ovo e 2 culleres de leite para pintar a empanada.
Para o recheo: 4 ou 5 cebolas, 1 mazá, 1 morcilla de arroz sen glute, 2 culleres de azucre moreno, aceite de oliva virxe extra.
Elaboración:
Masa:
- Poñer todos os ingredientes na amasadora e amasar ata que a masa se separe das paredes do recipiente. Igual é necesario engadir un pouco máis de auga segundo o tamaño dos ovos.
- Deixar repousar unha media hora.
Recheo:
- Pelar as cebolas e cortalas moi finas, mellor usar unha mandolina.
- Poñer a cebola nunha tarteira cun pouco de aceite, 2 ou 3 culleres, e sal. Deixar que se faga a lume moi suave. É mellor comezar a cociñar as cebolas ao principio, xa que é o que máis tarda en facerse.
- Engadir á cebola o azucre moreno e deixar que sigan cociñándose suavemente.
- Cando as cebolas estean xa feitas subir o lume para que collan un pouco de cor. Reservar.
Montaxe:
- Acender o forno a 180ºC.
- Estirar a metade da masa deixándoa moi fina.
- Esmagar a morcilla e botala por enriba da masa.
- Cubrir a morcilla coa cebola caramelizada.
- Cortar a mazá moi fina cunha mandolina.
- Poñer os anacos de mazá por enriba da cebola.
- Estirar moi fina a outra metade da masa, tapar a empanada e pechar os bordos.
- Pintar a empanada cun ovo batido mesturado cun pouco de leite.
- Cocer no forno durante 30 minutos.
Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora e media.
Comentarios
Publicar un comentario
Encantaríame saber a túa opinión