Pizza branca de cebola e vieiras con chermoula

Ingredientes:

Para a masa*: 120 g de fariña de arroz, 120 g de fariña milla, 25 g de liñaza  moída, 350 g de auga, media culleriña de sal, 1 culleriña de lévedo químico, 2 culleres de aceite de oliva virxe extra, 1 culler de vinagre de mazá.

Para a chermoula**: 2 dentes de allo, 1 chile fresco, 1 chisco de sal gordo, 4 ou 5 poliñas de perexil fresco, 4 ou 5 poliñas de cilantro fresco, media culleriña de comino en po, o zume dun limón, 3 culleres de aceite de oliva virxe extra Arbequina.

Para o recheo: 3 cebolas medianas , 6 corpos de vieira ( dependendo do tamaño poden ser necesarios máis)

* Se non se é intolerante ao glute pode utilizarse unha base de pizza, ou mellor facer unha masa substituíndo a liñaza e a fariña de arroz por fariña de trigo, xa que a fariña milla vai moi ben co resto de ingredientes. 

** Salsa marroquí, pode usarse para mariñar tanto carnes coma peixes.





Elaboración:

Masa:

  1. Quentar a metade da auga e engadirlle a liñaza, deixar repousar ata que a mestura quede viscosa.
  2. Poñer no recipiente da batedora o resto de ingredientes, bater ata que estean ben mesturados.
  3. Engadir a mestura de liñaza e seguir batendo ata que quede ben mesturada.
  4. Acender o forno a 230ºC e deixar repousar a masa mentres tanto.
  5. Repartir a masa no fondo dun molde redondo de 28 cm de diámetro, a masa e moi pegañenta así que o mellor é botala no molde e estirala cunha culler.
  6. Meter no forno durante uns 15 minutos, ata que a masa perda a humidade.
  7. Sacar do forno e darlle a volta sobre papel de forno, volver a meter no forno uns 10 minutos esta vez sen molde.


Salsa:

  1. Quitarlle as sementes ao chile para que non pique tanto.
  2. Mesturar todos os ingredientes e trituralos no morteiro ou nunha picadora ou similar. 
  3. Deixar repousar a salsa, se sobra gardala na neveira.


Recheo:

  1. Picar a cebola en xuliana e poñela nunha tarteira cun pouco de aceite, botarlle un chisco de sal, deixar que se faga a lume lento ata que estea transparente e un pouco melosa.
  2. Cortar os corpos das vieiras en láminas, reservar.


Montaxe:

  1. Poñer a cebola sobre a base de pizza e metela no forno uns 10 minutos.
  2. Sacar a pizza do forno e apagalo.
  3. Poñer as láminas de vieira sobre a cebola, cubrindo toda a pizza, meter no forno, apagado, uns 5 minutos, o xusto para que as vieiras collan temperatura sen facerse moito.
  4. Sacar a pizza do forno e cubrir cunhas follas de rúcula.
  5. Botar a salsa chermoula por enriba ao gusto.






Dificultade: Media.
Tempo aproximado: 1 hora.

Comentarios