Payasam* de anacardios e cenorias

Ingredientes:

100 g de anacardios (sen sal e sen torrar), 1L de leite, 110 g de cenorias, 75 g de azucre, 1 culleriña de cardamomo en po, 1 culleriña de manteiga.





Elaboración:

  1. Quentar 300 ml de leite e poñer nela os anacardios a remollo durante 30 minutos.
  2. Poñer nun cazo de fondo groso o resto do leite a quentar a lume moi suave ata que reduza a 500 ml, tardará unha hora aproximadamente. Remexer de vez en cando para que non se pegue.
  3. Relar a cenoria e cociñala na tixola coa manteiga durante uns 5 minutos, reservar.
  4. Mesturar os anacardios co leite no que estiveron a remollo e a cenoria e pasalos pola batedora ata obter unha crema.
  5. Cando o leite estea reducido engadir a crema de anacardios e cenoria e o azucre, remexer e deixar a lume suave uns 15 minutos.
  6. Engadir o cardamomo, remexer, deixar repousar e meter ao frigorífico.
  7. Servir moi frío.


Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 1 hora e media.

*Payasam, postre indio.

Comentarios