Pan de xenxibre con especias

Ingredientes:

100 g de fariña de repostaría sen glute, 100 g de manteiga, 100 ml de leite, 70 g de mel, 1 culleriña de lévedo químico, 100 g de azucre moreno, 1 culler sopeira de canela en po, un chisco de noz moscada, 1/2 culleriña de cardamomo en po, 1/4 de culleriña de xenxibre en po, 1 ovo.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 180ºC. 
  2. Poñer nun cazo a quentar o leite, o mel e a manteiga ata que estean ben mesturados.
  3. Mesturar todos os ingredientes secos.
  4. Engadir o leite, mel e manteiga aos ingredientes secos.
  5. Bater o ovo e engadilo á preparación anterior.
  6. Poñer a mestura nun molde de cake e meter no forno entre 45 e 50 minutos. Pinchar cun coitelo antes de sacar para comprobar  que está feito, o coitelo ten que saír limpo.




Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 1 hora e 15 minutos.