Galletas de leite condensado, améndoas e limón

Ingredientes:

1 xema de ovo, 125 g de manteiga a temperatura ambiente, 200 g de leite condensando, 175 g de maizena, 175 g de améndoa moida, 2 culleres de azucre, a pel relada dun limón.




Elaboración:

  1. Acender o forno a 160ºC.
  2. Mesturar ben a xema de ovo, o leite condensado e a manteiga.
  3. Engadir o azucre e a pel relada do limón, mesturar ben.
  4. Engadir pouco a pouco a maizena, mesturar ben.
  5. Engadir pouco a pouco a améndoa, mesturar ben.
  6. Formar boliñas coa masa, poñelas nunha bandexa de forno forrada con papel, esmagalas un pouco.
  7. Introducir no forno 15 ou 20 minutos.
  8. Sacalas do forno e deixalas arrefriar.



Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 45 minutos.

Comentarios